Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG número 116, do martes, 18 de xuño de 2002, é necesario face-la seguinte corrección:
Na páxina 9.331, onde di: «As devanditas listas están expostas no taboleiro de anuncios do citado centro, podendo ser consultadas, así mesmo, no seguinte enderezo da Internet: http:/xxx.cixtec.es». Debe dicir: «As devanditas listas están expostas no taboleiro de anuncios do citado centro, podendo ser consultadas, así mesmo, no seguinte enderezo de Internet: http://www.cixtec.es».