Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Aglomerados Ecar, S.A.(código 2700022), da provincia de Lugo, asinado o día 2 de abril de 2002, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90 puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.
Esta delegación provincial
ACORDA:
Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.
Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.
Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Lugo, 22 de abril de 2002.
Manuel Teijeiro Álvarez
Delegado provincial de Lugo
Convenio colectivo da empresa
Aglomerados Ecar, S.A.
Ámbito de apliación
Artigo 1º.-Ámbito funcional.
O presente convenio colectivo afectará a tódolos traballadores da empresa Aglomerados Ecar, S.A., dedicada á fabricación de taboleiros aglomerados de partículas de madeira, ou os que durante a vixencia deste puidesen establecer relación laboral coa empresa Aglomerados Ecar, S.A.
Durante a vixencia deste convenio, este non resultará afectado polo que poida ser disposto en convenio de ámbito distinto.
Artigo 2º.-Ámbito temporal e de vixencia.
O presente convenio terá vixencia desde o día da súa publicación no DOG, retrotraéndose os seus efectos salariais ó 1-1-2000 e prolongándose ata o 31-12-2002 inclusive conforme as táboas anexas I-II-III, resultando de incrementa-las vixentes, nos anos 2000 e 2001 co IPC e a de 2002 cun incremento do 2%. Se no 31-12-2002 o IPC supera o 2%, o exceso aplicarase sobre tódalas cantidades da táboa anexa II con efectos ó 1-1-2002.
Manteranse vixentes tódalas cláusulas ata a entrada en vigor do seguinte convenio.
Así mesmo, o convenio terá que denunciarse con dous meses de antelación ó seu vencemento, comprometéndose ámbalas partes a constituí-la mesa de negociación no prazo dun mes desde a denuncia.
Artigo 3º.-Vinculación á totalidade.
As condicións pactadas no presente convenio forman un todo orgánico e indivisible e, para os efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas, no seu conxunto, en cómputo global.
Artigo 4º.-Compensación e absorción.
As melloras e normas contidas no presente convenio son, no seu conxunto, máis beneficiosas para o persoal cás establecidas polas disposicións vixentes. Consideraranse absorbidas nas condicións económicas que con carácter persoal e en cómputo anual excedan das fixadas neste convenio.
Artigo 5º.-Organización do traballo.
A organización do traballo, conforme o prescrito neste convenio e na lexislación vixente, é facultade e responsabilidade da dirección da empresa.
Sen menoscabo da facultade aludida no parágrafo anterior, os representantes dos traballadores terán competencias de orientación, proposta, emisión de informes, etc., no relacionado coa organización e racionalización do traballo, de conformidade coa lexislación vixente.
Artigo 6º.-Contratación e emprego.
Os contratos de duración determinada por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, acomodaranse ó disposto na normativa aplicable.
Artigo 7º.-Contratos de aprendizaxe e prácticas.
Os traballadores con contrato de aprendizaxe realizarán unicamente traballos de aprendizaxe de oficialía.
Queda absolutamente prohibido que estes realicen horas extras, así como efectuar traballos penosos, perigosos ou nocturnos.
En ningún caso poderán efectuar traballos os menores de 16 anos.
Unha vez superada a aprendizaxe e logo de exame, o aprendiz ingresará na categoría de oficial resultante da dita proba.
O aprendiz percibirá o 70, 80 ou 90% do salario do oficial de 1ª, o 1º, 2º e 3º ano do contrato respectivamente.
No contrato en prácticas percibirase o 80 e 85% do salario da categoría o 1º e 2º ano do contrato respectivamente.
Artigo 8º.-Período de proba.
Poderase concertar por escrito un período de proba que en ningún caso excederá de:
a) Técnicos titulados superiores: 6 meses.
b) Técnicos de grao medio ou sen titulación e persoal administrativo cualificado: 2 meses.
c) Persoal de oficio e auxiliar administrativo: 1 mes.
d) Resto de persoal: 20 días.
Durante o período de proba, o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes á súa categoría profesional e ó posto de traballo que desempeñe, como se fose de cadro de persoal, excepto os derivados da resolución laboral que se poderá producir por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso.
Artigo 9º.-Clasificación profesional.
A empresa, nun prazo non superior a un ano desde o asinamento do presente convenio, fará unha descrición de posto de traballo e unha clasificación de grupos profesionais, organigrama, de todo o cal se lle dará coñecemento ó comité de empresa.
Artigo 10º.-Postos vacantes e de nova creación.
Os postos de traballo vacantes e de nova creación serán cubertos pola empresa, dándolle prioridade absoluta ó persoal do cadro que supere as probas establecidas ó obxecto, para efectos de facilita-la promoción profesional dos traballadores. Quedan excluídos os postos directivos e de mando.
Artigo 11º.-Extinción do contrato por causas económicas, técnicas, organizativas ou de producción.
A extinción de contratos fundada en causas económicas, técnicas, organizativas ou de producción regularanse polo disposto nos artigos 51, 52 e concordantes do Estatuto dos traballadores.
Artigo 12º.-Mobilidade funcional.
1. A mobilidade funcional no seo da empresa non terá outras limitacións que as esixidas polas titulacións académicas ou profesionais precisas para exerce-la prestación laboral e pola pertenza ó grupo profesional. Na falta de definición de grupos profesionais, a mobilidade funcional poderá efectuarse entre categorías profesionais equivalentes.
2. A mobilidade funcional para a realización de funcións non correspondentes ó grupo profesional ou a categorías equivalentes só será posible se existisen razóns técnicas ou organizativas que a xustificasen e polo tempo imprescindible para a súa atención. No caso de encomenda de funcións inferiores esta deberá estar xustificada por necesidades perentorias ou imprevisibles da actividade productiva. En todo caso garantirase a percepción das retribucións do nivel de orixe. O empresario deberá comunicarlles esta situación ós representantes dos traballadores.
3. A mobilidade funcional efectuarase sen menoscabo da dignidade do traballador e sen prexuízo da súa formación e promoción profesional, tendo dereito á retribución correspondente ás funcións que efec
tivamente realice, salvo nos casos de encomenda de funcións inferiores, nos que manterá a retribución de orixe. Non caberá invoca-las causas de despedimento obxectivo de ineptitude sobrevida ou de falta de adaptación nos supostos de realización de funcións distintas das habituais como consecuencia da mobilidade funcional.
4. Se como consecuencia da mobilidade funcional se realizasen funcións superiores ás do grupo profesional ou as de categorías equivalentes por un período superior a seis meses durante un ano ou a oito durante dous anos, o traballador poderá reclama-lo ascenso, se a isto non obsta o disposto en convenio colectivo ou, en todo caso, a cobertura da vacante correspondente ás funcións por el realizadas conforme as regras en materia de ascenso aplicables na empresa, sen prexuízo de reclama-la diferencia salarial correspondente. Estas accións serán acumulables. Contra a negativa da empresa, e logo do informe do comité ou, se é o caso, dos delegados de persoal, o traballador poderá reclamar perante a xurisdicción competente.
5. O cambio de funcións distintas das pactadas non incluído nos supostos previstos neste artigo requirirá o acordo das partes ou, no seu defecto, o sometemento ás regras previstas para as modificacións substanciais de condicións de traballo.
Artigo 13º.-Modificacións substanciais das condicións de traballo.
Terán a consideración de modificacións substanciais das condicións de traballo, entre outras, as que afecten ás seguintes materias.
a) Xornada de traballo.
b) Horario.
c) Réxime de traballo a quendas.
d) Sistema de remuneración.
e) Sistema de traballo e rendemento.
f) Funcións, cando excedan dos límites que para a mobilidade funcional prevé o artigo 39 desta lei.
Con respecto a esta materia, observarase o disposto no artigo 41 do Estatuto dos traballadores.
Artigo 14º.-Xornada laboral.
A duración da xornada laboral será con carácter xeral de 40 horas semanais, en cómputo anual, co límite de 1.810 horas.
A xornada en quendas será de dúas, tres ou catro quendas de traballo. A empresa queda autorizada para establecer con toda liberdade a xornada de catro quendas de persoal, co obxecto de non interrompe-lo proceso de producción que ten que ser continuado, asegurando o traballo durante todo o mes. Tódolos traballadores que realizan a xornada continuada desfrutarán de 30 minutos de descanso para a toma do bocadillo.
É facultade da empresa modificar e adapta-las quendas de traballo ás necesidades de producción da industria, dándolle coñecemento ó comité de empresa.
Artigo 15º.-Vacacións.
A empresa confeccionará o calendario no primeiro trimestre do ano, notificándollo ó comité e exhibíndoo no taboleiro de anuncios. Contra este calendario poderase reclamar perante a empresa no prazo de 15 días. A duración das vacacións para o persoal vinculado ó presente convenio colectivo será de 30 días naturais, debendo desfrutar como mínimo de 20 días de forma continuada. Se un traballador no tempo fixado para as vacacións anuais non tivese un ano de antigüidade, desfrutará o número de días proporcionais ó tempo traballado.
Artigo 16º.-Salario.
Considerarase salario a totalidade das percepcións económicas dos traballadores, en diñeiro ou en especie, pola prestación profesional dos servicios laborais por conta allea, calquera que sexa a forma de remuneración. En ningún caso o salario en especie poderá supera-lo 30% das percepcións salariais do traballador.
Artigo 17º.-Complementos salariais.
1) Persoais: derivan de condicións persoais, concorrentes no traballador, e non valoradas na fixación do salario base.
1.1. Antigüidade consolidada.
2) Por posto de traballo: retribúe circunstancias concorrentes no posto de traballo ocupado, e gáñase en virtude de prestación feita nel.
2.1. Complemento de especial dedicación. Este complemento, que abosorbe os que viñesen percibindo con aterioridade, remunera a especial dedicación por parte do persoal da empresa afectado, ben traballe en réxime de xornada partida, ben en réxime de quendas, se ben neste último caso comprenderá o tempo de especial dedicación equivalente ó prestado polos traballadores en réxime de xornada partida durante a mañá dos sábados.
2.2. Nocturnidade. Consistente nun incremento do 25 % do salario de convenio salvo que o traballador fose contratado especificamente para traballar en xornada nocturna.
2.3. Sistema de quendas en festivos e domingos. Correspondente ó 40% do salario base, por tódolos domingos e festivos correspondentes ós meses realmente traballados mesmo os que coincidan en descanso. Non se percibirán en vacacións e en pagas extras.
3) Gratificacións extraordinarias.
O persoal percibirá dúas pagas extraordinarias nos meses de xullo e decembro, equivalentes cada unha
delas a trinta días de salario base máis antigüidade consolidada, e unha paga de beneficios por importe de vinteoito días de salario base máis antigüidade consolidada, que se aboará por metades nos meses de marzo e outubro.
Artigo 18º.-Recibo de salarios.
A estructura salarial establecida neste convenio debe estar reflectida nos recibos de salarios.
1. A liquidación e o pagamento do salario faranse puntual e documentalmente na data e lugar convidos e a traves de entidades bancarias. O período de tempo ó que se refire o aboamento das retribucións periódicas e regulares non poderá exceder dun mes.
O traballador e, coa súa autorización, os seus representantes legais, terán dereito a percibir, sen que chegue o día sinalado para o pagamento, anticipos a conta do traballo xa realizado.
A documentación do salario realizarase mediante a entrega ó traballador dun recibo individual e xustificativo do pagamento deste. O recibo de salarios axustarase ó modelo que aprobe o Ministerio de Traballo e Seguridade Social.
2. O dereito ó salario a comisión nacerá no momento de se realizar e pagarse o negocio, a colocación ou venda na que interviñese o traballador, liquidándose e pagándose, salvo que se pactase outra cousa, ó remata-lo ano.
O traballador e os seus representantes legais poden pedir en calquera momento comunicacións da parte dos libros referentes a tales devengos.
3. O xuro por demora no pagamento do salario será o 10% anual do que se debe.
4. O salario, así como o pagamento delegado das prestacións da Seguridade Social, poderá efectualo o empresario en moeda de curso legal ou mediante talón ou outra modalidade de pagamentos similar a través de entidades de crédito, logo do informe ó comité de empresa ou delegados de persoal.
Artigo 19º.-Horas extraordinarias.
Tendo en conta a situación de paro existente e co obxecto de favorece-la creación de emprego, as partes asinantes do presente convenio acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extras conforme os seguintes criterios:
Horas extras habituais: supresión.
Horas extras estructurais: enténdese por hora extra estructural a necesaria por pedido imprevisto, cambios de quenda, ausencias imprevistas ou outras necesidades de carácter estructural derivadas da natureza das actividades de que se trate.
A dirección da empresa informará mensualmente os representantes dos traballadores sobre o número de horas extras realizadas, especificando as causas e achegando unha relación nominal dos traballadores
que as realizaron, con detalle do número de horas extras traballadas por cada un.
Establécese para o cálculo do valor da hora extra a fórmula seguinte:
P(S+A)
H. extra= x1,75
Horas/ano
P= Número de pagas ó ano.
S= Salario base mes.
A= Antigüidade consolidada mes.
De mutuo acordo pódense compensa-las horas extras por descanso, co mesmo incremento.
Consideraranse como horas extraordinarias aquelas que excedan da xornada normal de traballo ou da prolongada con especial dedicación, se é o caso.
Artigo 20º.-Antigüidade.
Acordada xa a conxelación do complemento de antigüidade que viñan percibindo os traballadores da empresa e en compensación á conxelación deste concepto, tódolos traballadores en proporción ó tempo traballado percibirán a cantidade de 12.000 pesetas anuais, non acumulativas, se non se lles aboasen, polos anos 2000 e 2001.
Artigo 21º.-Prohibición de discriminación.
a) Tanto os homes como as mulleres desfrutarán de igualdade de oportunidades en canto ó emprego, a formación, a promoción e o desenvolvemento do seu traballo.
b) O empresario está obrigado a pagar pola prestación dun traballo de igual valor ou mesmo salario, tanto por salario base como polos complementos salariais, sen discriminación ningunha por razón de sexo.
Aplicación e interpretación.
Artigo 22º.-Comisión mixta paritaria.
Para a interpretación das cláusulas deste convenio e, en xeral, para atender a cantas dúbidas se poidan derivar da aplicación del, establécese unha comisión paritaria integrada por catro membros, dous pola parte social e dous pola parte empresarial. Todos eles serán membros da comisión negociadora do presente convenio.
Ademais das competencias xerais de interpretación, aplicación e seguimento do convenio, e sen prexuízo das normas xerais de procedemento administrativo, arbitraxe e procesuais, a comisión mixta paritaria funcionará de común acordo como órgano de mediación nos conflictos derivados da aplicación do convenio, así como en todas aquelas cuestións sociolaborais que poidan afectar á empresa.
Artigo 23º.-Diminución de capacidade física.
Os traballadores que por accidente, enfermidade, idade e outras circunstancias vexan diminuída a súa capacidade, deberán ser destinados ós traballos axeitados ás súas posibilidades. Esgotaranse tódolos medios terapéuticos posibles para a súa rehabili
tación ó mesmo posto de traballo. En calquera caso, a súa retribución nunca será inferior á categoría profesional que tivese recoñecida.
Artigo 24º.-Formación profesional.
A maior cualificación do persoal é un obxectivo compartido pola empresa e a representación dos traballadores, que redunde tanto en beneficio dos traballadores, como en beneficio da productividade, reducción de custos, optimización da calidade do servicio ó cliente, atención ó medio ambiente, mellora da seguridade e saúde no traballo, etc.
Para tal efecto, promoverase a mellora no nivel formativo dos traballadores, que permita a adaptación progresiva ós requirimentos das prestacións do traballo en cada momento, mediante a formación interna e externa.
A formación interna que fose requirida como tal pola empresa pode ser impartida co persoal e medios propios, ou mediante contratación de persoal especializado para levarse a cabo na empresa.
O traballador terá dereito:
a) Ó desfrute dos permisos necesarios para concorrer a exames, así como a unha preferencia para elixir quendas de traballo, cando curse con regularidade estudios para a obtención dun título académico ou profesional.
b) A adaptación da xornada ordinaria de traballo para a asistencia a cursos de formación profesional ou a concesión do permiso oportuno de formación ou perfeccionamento profesional con reserva de posto de traballo.
Artigo 25º.-Plans para a formación continua na empresa.
Ámbalas dúas partes estudiarán a presentación de plans de formación de empresa para a formación continua de traballadores, de conformidade co disposto no acordo estatal de formación continua, co obxectivo de que afecte a colectivos amplos de traballadores, ou seccións en que se prevexan cambios tecnolóxicos, como paso previo para a súa adaptación ós novos requirimentos de cualificación que se demanden.
Artigo 26º.-Seguridade e hixiene.
As partes que subscriben este convenio desenvolverán as accións, medidas de seguridade e saúde laboral, que sexan necesarias para conseguir unhas condicións de traballo idóneas.
Observarase o disposto no artigo 19 do Estatuto dos traballadores.
A empresa e traballadores tomarán como referencia e cumprirán escrupulosamente as disposicións xerais da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais e demais disposicións vixentes.
Artigo 27º.-Comité de seguridade e saúde.
Observarase o disposto nos artigos 38 e 39 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, sobre prevención de riscos laborais, reducindo o período de reunións de tres meses a unha por mes.
Artigo 28º.-Recoñecementos médicos.
Todo o persoal desta empresa terá dereito anualmente, como mínimo, a un recoñecemento médico a través dos servicios do INSS ou os concertados pola empresa.
Artigo 29º.-Roupa de traballo.
A empresa dotará o seu persoal de dúas fundas cada ano e, naqueles postos de traballo onde fosen necesarias e, logo de xustificación, as que fosen precisas.
Artigo 30º.-Póliza de seguros.
A empresa contratará unha unha póliza colectiva, da que lle dará copia ó comité de empresa, que abranga os riscos indicados nos parágrafo 2º deste artigo.
A cobertura por accidente laboral ou in itinere con resultado de morte e accidente laboral in itinere con resultado de invalidez permanente total, absoluta e gran invalidez, será de 3.750.000 pesetas. A cobertura adquirirá vixencia con efectos do mes seguinte á publicación do convenio e estenderase á duración del.
Artigo 31º.-Baixa por accidente laboral ou enfermidade profesional.
No caso de baixa por accidente laboral, no centro de traballo ou in itinere, a empresa, á parte de prestación da Seguridade Social, aboaralle ó traballador un 15% do salario real, durante todo o período e desde o primeiro día de IT.
Se o suposto sinalado dese lugar á hospitalización do traballador, a empresa completará o 100% do seu salario de convenio exclusivamente durante o tempo que dure a hospitalización.
Artigo 32º.-Retribucións.
Consistirán no aboamento das cantidades fixadas no articulado do presente convenio e das que se especifican nas táboas salariais anexas.
Artigo 33º.-Complemento de nocturnidade.
A empresa aboaralle ó traballador un complemento de nocturnidad consistente nun 25% do salario e por noite traballada, salvo que o traballador sexa contratado para realizar traballos nocturnos.
Artigo 34º.-Anticipos.
Os traballadores terán dereito a percibir, sen que chegue o día sinalado para o pagamento, anticipos a conta do traballo xa realizado.
Artigo 35º.-Permisos, licencias e excedencias.
A) O traballador, logo do aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos e o tempo seguinte:
a) Quince días naturais no caso de matrimonio.
b) Dous días nos casos de nacemento de fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de 4 días (artigo 37.3º.b do Estatuto dos traballadores).
Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis do 20% das horas laborables nun período de tres meses, poderá a empresa pasa-lo traballador afectado á situación de excedencia regulada no apartado 1 do artigo 46 desta lei.
No suposto de que o traballador por cumprimento do deber ou desempeño do cargo perciba unha indemnización, descontarase o importe desta do salario ó que tivese dereito na empresa.
c) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.
As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai no caso de que ambos traballen.
Quen por razóns de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou a un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre polo menos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela.
B) Ademais das excedencias recollidas no artigo 46 do Estratuto dos traballadores.
Os traballadores con, polo menos, unha antigüidade na empresa dun ano teñen dereito a unha excedencia con dereito a reserva de posto de traballo, para atende-lo coidado de familiares de primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, que por enfermidade e/ou hospitalización necesiten da súa asistencia. O período máximo desta excedencia será de seis meses e deberá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorren tres anos desde o remate da anterior excedencia.
Neste caso o reingreso na empresa será automático, ó acabar aquela, e terá dereito a ocupar unha praza da mesma categoría que tiña antes da excedencia.
No caso de se querer incorporar ó traballo antes do remate da excedencia, terá que solicitalo cun mes de antelación.
A empresa contestará as solicitudes nun prazo de quince días e entenderanse concedidas de non mediar resposta no prazo sinalado.
Artigo 36º.-Premio de xubilación.
Cando un traballador se xubile e permaneza na empresa polo menos 15 anos, percibirá o importe de dúas mensualidades e unha máis por cada cinco anos ou fracción que exceda dos 15 mencionados.
Artigo 37º.-Dos dereitos sindicais.
O comité de empresa é o órgano máximo de representación colexiada do conxunto dos traballadores no centro de traballo.
Os compoñentes do comité da empresa disporán dun crédito de 16 horas mensuais, retribuídas como horas realmente traballadas, para o exercicio das súas funcións.
As citadas horas poderán ser computadas bimensualmente en forma global e distribuídas entre os seus membros segundo o seu propio criterio.
Quedan excluídas do conxunto destas horas as que correspondan a reunións convocadas pola empresa e as dedicadas á negociación colectiva.
O comité de empresa disporá dun local para o desenvolvemento das súas funcións.
Disporase, así mesmo, dun taboleiro de anuncios.
Artigo 38º.-Competencias.
Observarase o disposto no artigo 64 do Estatuto dos traballadores.
Artigo 39º.- Seccións sindicais.
Observarase o disposto no artigo 87 do Estatuto dos traballadores.
Disposicións adicionais
Primeira.-Normativa complementaria.
No non recollido neste convenio, aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores e demais normativa de xeral aplicación.
Segunda.-Os atrasos do convenio aboaranse no primeiro semestre do ano 2002.
Táboa I
Categorías 1999 2000
Salario base día Encargado xeral 3.598 ptas. 3.742 ptas.
Encargado de sección 3.536 ptas. 3.677 ptas.
Xefe de equipo 3.403 ptas. 3.539 ptas.
Oficial de 1ª 3.403 ptas. 3.539 ptas.
Oficial de 2ª 3.272 ptas. 3.403 ptas.
Axudante 3.160 ptas. 3.286 ptas.
Peón especialista 3.102 ptas. 3.226 ptas.
Soldo mensual
* Subalternos
Pesador-basculeiro 94.660 ptas. 98.446 ptas.
Almaceneiro 98.044 ptas. 101.966 ptas.
Chofer turismo 98.044 ptas. 101.966 ptas.
Garda 98.044 ptas. 101.966 ptas.
Chofer-mecánico 102.050 ptas. 106.132 ptas.
* Administrativos
Auxiliar, mecanógrafa 94.660 ptas. 98.446 ptas.
Oficial 2ª 108.137 ptas. 112.462 ptas.
Categorías 1999 2000
Oficial 1ª 118.247 ptas. 122.977 ptas.
Xefe administrativo 130.382 ptas. 135.597 ptas.
* Técnicos
Analista, calcador 94.660 ptas. 98.446 ptas.
Xefe de taller 106.105 ptas. 110.349 ptas.
Delineante 108.178 ptas. 112.505 ptas.
Xefe de talleres 118.246 ptas. 122.976 ptas.
Titulado grao medio 120.268 ptas. 125.079 ptas.
Titulado grao superior 156.014 ptas. 162.255 ptas.
Táboa II
Categorías 2000 2001
Salario base día
Encargado xeral 3.742 ptas. 3.843 ptas.
Encargado de sección 3.677 ptas. 3.776 ptas.
Xefe de equipo 3.539 ptas. 3.635 ptas.
Oficial de 1ª 3.539 ptas. 3.635 ptas.
Oficial de 2ª 3.403 ptas. 3.495 ptas.
Axudante 3.286 ptas. 3.375 ptas.
Peón especialista 3.226 ptas. 3.313 ptas.
Soldo mensual
* Subalternos
Pesador-basculeiro 98.446 ptas. 101.104 ptas.
Almaceneiro 101.966 ptas. 104.719 ptas.
Chofer turismo 101.966 ptas. 104.719 ptas.
Garda 101.966 ptas. 104.719 ptas.
Chofer-mecánico 106.132 ptas. 108.998 ptas.
* Administrativos
Auxiliar, mecanógrafa 98.446 ptas. 101.104 ptas.
Oficial 2ª 112.462 ptas. 115.498 ptas.
Oficial 1ª 122.977 ptas. 126.297 ptas.
Xefe administrativo 135.597 ptas. 139.258 ptas.
* Técnicos
Analista, calcador 98.446 ptas. 101.104 ptas.
Xefe de taller 110.349 ptas. 113.328 ptas.
Delineante 112.505 ptas. 115.543 ptas.
Xefe de talleres 122.976 ptas. 126.296 ptas.
Titulado grao medio 125.079 ptas. 128.456 ptas.
Titulado grao superior 162.255 ptas. 166.636 ptas.
Táboa III
Categorías 2001 2002
Salario base día
Encargado xeral 3.843 ptas. 3.920 ptas. (23,56 A)
Encargado de sección 3.776 ptas. 3.852 ptas. (23,15 A)
Xefe de equipo 3.635 ptas. 3.708 ptas. (22,28 A)
Oficial de 1ª 3.635 ptas. 3.708 ptas. (22,28 A)
Oficial de 2ª 3.495 ptas. 3.565 ptas. (21,43 A)
Axudante 3.375 ptas. 3.443 ptas. (20,69 A)
Peón especialista 3.313 ptas. 3.379 ptas. (20,31 A)
Soldo mensual
* Subalternos
Pesador-basculeiro 101.104 ptas. 103.126 ptas. (619,80 A)
Almaceneiro 104.719 ptas. 106.813 ptas. (641,96 A)
Chofer turismo 104.719 ptas. 106.813 ptas. (641,96 A)
Garda 104.719 ptas. 106.813 ptas. (641,96 A)
Chofer-mecánico 108.998 ptas. 111.178 ptas. (668,19 A)
* Administrativos
Auxiliar, mecanógrafa 101.104 ptas. 103.126 ptas. (619,80 A)
Oficial 2ª 115.498 ptas. 117.808 ptas. (708,04 A)
Oficial 1ª 126.297 ptas. 128.823 ptas. (774,24 A)
Xefe administrativo 139.258 ptas. 142.043 ptas. (853,70 A)
* Técnicos
Analista, calcador 101.104 ptas. 103.126 ptas. (619,80 A)
Xefe de taller 113.328 ptas. 115.595 ptas. (694,74 A)
Delineante 115.543 ptas. 117.854 ptas. (708,32 A)
Xefe de talleres 126.296 ptas. 128.822 ptas. (774,24 A)
Titulado grao medio 128.456 ptas. 131.025 ptas. (787,48 A)
Titulado grao superior 166.636 ptas. 169.969 ptas. (1.021,53 A)