Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado Calasanz PP. Escolapios da Coruña, solicitando autorización definitiva para impartir bacharelato da modalidade de tecnoloxía.
Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se remite cos informes correspondentes.
Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.
Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.
Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,
DISPÓN:
Primeiro.-Autoriza-lo centro privado Calasanz PP. Escolapios da Coruña, para impartir bacharelato da modalidade de tecnoloxía, segundo se especifica no anexo desta orde.
Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado para imparti-las devanditas ensinanzas.
Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente y a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo de un mes, a partir do día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2002.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Provincia: A Coruña.
Concello: A Coruña.
Localidade: A Coruña.
Enderezo: estrada dos Fuertes, s/n.
Código do centro: 15004010.
Denominación: centro privado Calasanz PP. Escolapios.
Titular: Padres Escolapios.
Ensinanzas que se autorizan: bacharelato da modalidade de tecnoloxía.
Composición resultante:
a) Centro de educación infantil: 8 unidades.
b) Centro de educación primaria: 18 unidades.
c) Centro de educación secundaria:-12 unidades de educación secundaria obrigatoria.-6 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde; humanidades e ciencias sociais; e tecnoloxía.