Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.827

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (72/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos número 72/2002 por instancia de José Ramón Rodríguez Perdiz contra

Ingeniería de Sistemas y Telecomunicaciones Hispania 2000, S.L. y Telefónica Nacional de España, o Fondo de Garantía Salarial e Eduardo Dacasa Blanco sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data 8-5-2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por José Ramón Rodríguez Perdiz, contra a empresa Ingeniería de Sistemas y Telecomunicaciones Hispania 2000, S.L., Telefónica de España, S.L., o Fondo de Garantía Salarial e Eduardo Dacasa Blanco, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuando á demandante en data 27-12-2001 condenando a demandada a empresa Ingeniería de Sistemas, S.L. y Telecomunicaciones Hispania 2000, S.L. ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta resolución que ascenden á suma de 1.161, 2 euros. Absolvendo a codemandada Telefónica de España, S.A. de tódolos pedimentos contidos nela.

Así por esta miña sentencia contra a que se poderá recorrer suplicación perante a Sala do Social del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días a contar do seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou por escrito sendo indispensable ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba perante este Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado número identificador 5.605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria del avalista, sen ese requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o resgardo na secretaría ó tempo de interpoñe-lo

recurso declarándose o mesmo desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia pronuncioo, mandoo e asinoo.

Así por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgandoo pronuncioo, mandoo e asinoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Ingeniería de Sistemas y Telecomunicaciones Hispania 2000, S.L. y Eduardo Dacasa Blanco, expido e asino a presente na Coruña a 8 de maio de 2002.

A secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA