Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.781

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 12 de xuño de 2002 pola que se nomean os vocais compoñentes do Consello Galego de Medio Ambiente.

A Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, crea no seu artigo 28 o Consello Galego de Medio Ambiente como órgano consultivo da Administración ambiental autonómica. Posteriormente o Decreto 155/1995, do 3 de xuño, establece a súa regulación e sinala a composición deste, determinando que xunto ós membros natos que se mencionan serán nomeados como vocais os representantes das organizacións, institucións e departamentos autonómicos relacionados no seu artigo terceiro, todos eles con especial vinculación coa protección do medio ambiente.

Tendo transcorrido o prazo de nomeamento previsto no Decreto 155/1995, do 3 de xuño, dos vocais compoñentes do Consello Galego de Medio Ambiente. É necesario proceder á súa renovación.

Por todo isto, en aplicación do artigo 4 do Decreto 155/1995, do 3 de xuño, polo que se regula o Consello Galego de Medio Ambiente, e tendo en conta que o citado órgano consultivo foi adscrito á Consellería de Medio Ambiente, en virtude do Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Desígnanse vocais do Consello Galego de Medio Ambiente por proposta das organizacións, institucións e departamentos autonómicos respectivos, de acordo co artigo 3 do Decreto 155/1995, as persoas que a continuación se relacionan:

Polas organizacións de defensa medioambiental:

-Serafín J. González Prieto, como titular e Bernardo Carrión Velasco, como suplente, ambos en representación da Sociedade Galega de Historia Natural.

-Xusto Veloso Moreda, como titular e Carlos Alvar Cerviño, como suplente, ambos en representación da Asociación Cultural-Ecolóxica Ridimoas.

-Francisco Lueiro García, como titular e Fátima García Pérez, como suplente, ambos en representación da Asociación Ecoloxista Arco Iris.

-Agustín Ferreira Lorenzo, como titular e Carlos Villanueva Domínguez, como suplente, ambos en representación da Asociación Naturalista Baixo Miño.

-Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez, como titular e Luis Fernández Tenoira, como suplente, ambos en representación da Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía.

Polos sindicatos:

-Elvira Patiño Ojea, como titular e Fernando Roberto Acuña Rúa, como suplente, ambos en representación da Confederación Intersindical Galega (CIG).

-Hortensia Álvarez Folgar, como titular e Francisco Xavier Montero Dongil, como suplente, ambos en representación de Comisións Obreiras (CC.OO.).

-José Antonio Gómez Gómez, como titular e Rosa Arcos Caamaño, como suplente, ambos en representación da Unión Xeral de Traballadores (UGT).

Pola Confederación de Empresarios de Galicia:

-Marcelino García Junco-Quintana, Francisco Rodríguez García e Luis Castro Valdivia, como titulares e Fausto Santamarina Fernández, Carlos Pérez Mosteiro e Severino González Álvarez, como suplentes.

Polas universidades de Galicia:

-José Ramón Leis Fidalgo, como titular e Javier Ángel Guitián Rivera, como suplente, ambos en representación da Universidade de Santiago de Compostela.

-Dolores Esther Fernández Fernández, como titular e Juan Ramón Vidal Romaní, como suplente, ambos en representación da Universidade da Coruña.

-Salustiano Mato de la Iglesia, como titular e Ignacio Munilla Rumbao, como suplente, ambos en representación da Universidade de Vigo.

Polos municipios e provincias:

-Enrique Fernández González, José Antonio Santiso Miramontes, Julio Sacristán de Diego e Francisco Xabier Míguez Santos como titulares e Antonio Evaristo Muiño Peña, Jesús Otero Varela, Xosé L. Rodríguez Lorenzo e Andrés Feal Varela, como suplentes, en representación da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).

Como expertos designados polos órganos autonómicos sectoriais:

-Carmen Juliani Aguado, como titular e Susana Torres Brabo, como suplente, pola área de medio ambiente natural.

-Ángel Gómez Amorín, como titular e Victoria Barbazán Mayo, como suplente, pola área de saúde pública ambiental.

-Jesús Manrique Merino, como titular e Alfonso Rasilla Buhigas, como suplente, pola área de augas continentais.

-Juan Maneiro Cadillo, como titular e Javier Pereiro Muñoz, como suplente, pola área ambiental de augas marítimas.

-Miguel Costoya Rivera, como titular e Juan José Fernández Rilo, como suplente, pola área de contaminación da atmosfera.

-Natalia Crespo González, como titular e Maximino Rodríguez Besada, como suplente, pola área ambiental de contaminación industrial.

-Gerardo Pallarés Sánchez, como titular e Vicente Ruíz Soldevilla, como suplente, pola área ambiental de ordenación do territorio.

-José Manuel Janeiro Caramés, como titular e José Manuel Fernández Castro, como suplente, pola área ambiental de política agraria.

-Mª Jesús Tallón Nieto, como titular e Francisco Castro Allegue, como suplente, pola área ambiental de patrimonio histórico.

-Dionisio Rodríguez Álvarez, como titular e Enrique Roca Bordello, como suplente, pola área de educación ambiental.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2002.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA