Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 25 de xuño de 2002 Páx. 9.781

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 24 de xuño de 2002 pola que se dispón o nomeamento do presidente do Consello Regulador da Denominación Específica Orujo de Galicia.

Pola Orde do 5 de maio de 1989, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes recoñeceu a denominación específica Orujo de Galicia para as augardentes de bagazo producidas en Galicia.

Con posterioridade, polas ordes do 18 de marzo de 1998 e do 15 de febreiro de 1999, foi aprobada respectivamente a composición do Consello Regulador Provisional nomeando os seus membros e o regulamento da denominación específica Orujo de Galicia e do seu Consello Regulador.

A competencia para efectuar nomeamentos e cesamentos dos presidentes dos consellos reguladores das denominacións de orixe e específicas correspóndelle, de conformidade co artigo 89 e concordantes da Lei 25/1970, do 2 de decembro, do Estatuto da viña, do viño e dos alcohois, ó conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, unha vez asumidas as funcións na materia, conforme a competencia recollida no artigo 30.I.3 e 4 do Estatuto de autonomía de Galicia.

De conformidade co anterior, e en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1993, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O cesamento, por petición propia, de Francisco García-Bobadilla Prósper, nas súas funcións como presidente do Consello Regulador da Denominación

Específica Orujo de Galicia, agradecéndolle os servicios prestados no exercicio do seu cargo, para o que foi nomeado por orde da Consellería de Agricultura Gandería e Política Agroalimentaria, do 15 de novembro de 2000.

Artigo 2º

O nomeamento de Isabel Salgado de Andrea como nova presidenta do Consello Regulador da Denominación Específica Orujo de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2002.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural