Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 22 de maio de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica, en cumprimento do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, Resolución do 13 de maio de 2002, pola que se acepta a renuncia de Isabel Rubio Álvarez como adxudicataria da vivenda con conta 222 do expediente C82/010 de Ferrol e, en consecuencia, acorda a resolución de pleno dereito do seu contrato de aluguer.

Con data do 13 de maio de 2002, o delegado provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo, dictou a seguinte resolución:

«Visto o expediente correspondente á vivenda 222 construída ó amparo do expediente C82/010,

Resultando que con data do 29 de xullo de 1986 asinouse contrato de aluguer entre a Xunta de Galicia e Isabel Rubio Álvarez, facéndoselle entrega das chaves, na mesma data, ó adxudicatario.

Resultando que, con data do 9 de maio de 2002, comparece ante funcionario Isabel Rubio Álvarez con DNI 32644612-E, para facer entrega das chaves da vivenda, e renunciar, a tódolos dereitos que presenta como adxudicataria.

Considerando que o Instituto Galego da Vivenda e Solo é, segundo a Lei 3/1988, do 27 de abril, da súa creación, un organismo autónomo de carácter comercial e financeiro, adscrito á Consellería de Política Territorial, Obras Pública e Vivenda, con plena capacidade de obrar no ámbito do dereito público e privado, establecendo o artigo 4 como función propia, entre outras, a administración, xestión,

conservación e disposición das vivendas do seu pa-

trimonio.

Considerando que o Decreto 70/1997, polo que se establece a estructura orgánica do IGVS, no seu artigo 17, atribúelles ós delegados provinciais a competencia para a sinatura dos contratos e outra documentación relativa á adxudicación de vivendas e locais.

Considerando que a renuncia presentada polos adxudicatarios supón a petición de resolución do alugamento subscrito coa Administración.

Vistos os preceptos legais citados, a lexislación de vivendas de protección oficial e demais normas de xeral aplicación,

RESOLVO:

Acepta-la renuncia da adxudicataria e, en consecuencia, acorda-la resolución de pleno dereito do contrato de alugamento da vivenda conta 222 do expediente C82/010, situada en Ferrol, rúa Mestre López Dafonte, bloque 23, portal M, 1º D, sen prexuízo da liquidación económica que proceda.».

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñer perante o conselleiro da CPTOPV recurso de alzada no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación.

Expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 22 de maio de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña