Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2002 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público aberto e tramitación de urxencia, para a contratación da subministración dun mínimo de oito (8) vehículos para o organismo autónomo Augas de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: organismo autónomo Augas de Galicia.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: subministración dun mínimo de oito (8) vehículos para o organismo autónomo Augas de Galicia.

2.2. Prazo de entrega: 15 días, contados a partir do día seguinte ó da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Clasificación: non se esixe clasificación.

5. Orzamento base de licitación: noventa e cinco mil euros (95.000 A).

6. Fianza provisional: non se esixe, en virtude do artigo 35.1º do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (TRLCAP).

7. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16.1º a) do TRLCAP.

8. Solvencia técnica: acreditarase nos termos establecidos no artigo 18 d) do TRLCAP.

9. Fianza definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

10. Documentación e información.

10.1. Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, no rexistro xeral do organismo autónomo Augas de Galicia, sito na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, de Santiago de Compostela.

10.2. Información: teléfono 981 54 43 35.

11. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

11.1. Data límite de presentación: antes das 14 horas do oitavo día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

11.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 9.5. do prego de cláusulas administrativas particulares.

11.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral de Augas de Galicia.

Enderezo: o sinalado no punto 10 deste anuncio.

12. Apertura da documentación xeral (sobre A).

Realizarase, no lugar antes indicado, ás 10 horas do sétimo día natural contado desde o seguinte ó do termo do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

13. Apertura das ofertas técnicas e económicas (sobre B).

Realizarase, no lugar antes indicado, ás 10 horas do sétimo día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

14. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2002.

Francisco José Pan-Montojo González

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia