En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Galega de Productoras Fonográficas, que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as productoras, tanto persoas físicas como persoas xurídicas, de caráter privado que teñan o seu domicilio social en Galicia.
Asinan a acta de constitución: Xosé María Argibay Torres, representante da sociedade Edicións do Cumio, S.A., e tres persoas máis representando outras sociedades.
Santiago de Compostela, 30 de maio de 2002.
José Vázquez Portomeñe
Director xeral de Relacións Laborais