Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da asociación Firmes Empresarios Productores Lácteos (Feplac).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 14 de maio de 2002, certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Manuel Bouzas Barbazán, na que se reflicten os acordos acadados na asemblea xeral, na reunión celebrada o día 1 de febreiro de 2002, e que consisten na modificación do artigo 14 dos estatutos referente a socios-ingreso.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais