Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos do sindicato Federación CIG-Saúde.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sin

dical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 8 de maio de 2002, a acta dos acordos do III congreso nacional de CIG-Saúde, celebrado en Santiago de Compostela o 26 de xaneiro de 2002, na que se reflicten as modificacións estatutarias aprobadas no devandito congreso, e que consisten nunha nova redacción dos estatutos.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais