Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 15 de maio de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/131).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Casanova.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas:

Liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e metálicos, de 426 m de lonxitude, coa orixe na derivación de liña que alimenta o C.T. Berdía e final no C.T. Casanova.

Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Casanova, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 50 m de lonxitude que se conecta á rede existente. No termo municipal de Santiago de Compostela.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 15 de maio de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 131/02Provincia: A Coruña.

L.M.T., C.T., R.B.T., CasanovaTermo municipal: Santiago de Compostela

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1Agra D'arribaPradoSamuel López BotanaEscarabuña-San Caetano, 12

15890 Santiago de Compostela

0-œ 1355550

2Agra D'arribaMonte altoSamuel López BotanaEscarabuña-San Caetano, 12

15890 Santiago de Compostela

0-œ 1115240

3Sua OrtaPradoConcepción Noya FranciscoQuintáns-Berdía, 9

15884 Santiago de Compostela

1171.165

4Sua OrtaMonte altoPeregrina Noya NoyaIgnorado27450

5CortiñasPradoSantiago Montaos Martínez e dous máisCortos-Marantes, s/n

15884 Santiago de Compostela

221501.275

6CortiñasLabradíoJosé Noya NoyaR/ Galeras, 7 A, 1º D

15705 Santiago de Compostela

C.T.554432