Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Vilar.
Situación: Valdoviño.
Descricións técnicas: modificación da instalación eléctrica denominada L.M.T., C.T., R.B.T. Vilar, no concello de Valdoviño, consistente na variación da traza entre os apoios nº 2 e 4, cambiando a posición do apoio nº 3 de formigón e con conductor LA-56, nunha lonxitude de 154 m sen variar ningunha das demais características da liña de 20 kV, así como de seus apoios. Concello de Valdoviño.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e
presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 15 de maio de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña