Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 21 de xuño de 2002 Páx. 9.706

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (8/2002 (OCU DIR)).

A Alcaldía Presidencia, con data do 6 de xuño de 2002, dictou a seguinte resolución:

«Inicia-lo expediente de ocupación directa da parcela 98, de titular descoñecido, do parcelario adxunto ó proxecto de compensación de Mesoiro (sector 5) coa seguinte relación de bens e dereitos:

Parcela 98, ref. catastral: polígono 10, parcela 50. Sup. 676, titular: descoñecido, aproveitamento correspondente: 437,34 polígono destino: sector 5».

O que se publica para os efectos previstos no artigo 154.3.1ª da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, no que se informa os posibles interesados de que a consulta do expediente se poderá facer nas oficinas de Xestión do Servicio de Urbanismo, sitas na rúa do Parque, s/n, durante o prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio, de luns a venres e entre as 12 e as 13.30 horas. Tamén os informa de que cómpre presenta-los títulos de propiedade, a certificación rexistral e dos demais documentos que xustifiquen a titularidade das parcelas e dereitos

afectados. O recoñecemento dos dereitos que se deriven da tramitación do expediente darase ó titular rexistral do predio ocupado.

Deberán ser declaradas as situacións xurídicas existentes en relación coa parcela afectada.

Esta publicación producirá tamén os efectos previstos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 10 de xuño de 2002.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo