Orzamento da subministración: 486.000 euros, IVE incluído, distribuído en dous lotes:
Lote 1: 245.000 euros.
Lote 2: 241.000 euros.
Prazo de execución: 3 meses, desde o asinamento do contrato.
Fianza provisional: non se esixe.
Forma de tramitación: urxente.
Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do sétimo día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre da documentación persoal, a establecida na cláusula 5.3º do prego de cláusulas administrativas.
No sobre da documentación económica e técnica, a establecida na cláusula 5.4º do prego de cláusulas administrativas.
Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo a partir das 12 horas do décimo día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas, segundo o punto 6.2º do prego de claúsulas administrativas
No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual, sita no edificio administrativo nº 3 de San Caetano, Santiago de Compostela; teléfono 981 54 58 83.
Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet.
http://www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=1389.
Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta dos adxudicatarios do concurso.
Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2002.
P.D. (Orde 15-12-1997)
Andrés González Murga
Secretario xeral da Consellería de Cultura,
Comunicación Social e Turismo