Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 21 de xuño de 2002 Páx. 9.704

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 21 de maio de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/117).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento en M.T. na estrada AC-110.

Situación: As Pontes de García Rodríguez.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV sobre apoios de formigón e metálicos tubulares, e con conductor LA-56, de 218 m de lonxi

tude, coa orixe na liña existente que alimentaba o antigo C.T. Cabana e final no novo C.T. Cabana.

Centro de transformación tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Cabana. Concello das Pontes de García Rodríguez.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 21 de maio de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO