Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 21 de xuño de 2002 Páx. 9.703

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se convoca concurso público para a contratación dos servicios de comedor escolar (xestión indirecta) con empresas hostaleiras para o curso 2002/2003.

1. Entidade adxudicante: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Xestión Orzamentaria.

2. Obxecto do contrato e orzamento base de licitación.

a) Descrición do obxecto e orzamento base de licitación. Prestación do servicio de comedor escolar nas condicións que se especifican nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas dos centros escolares públicos que se relacionan e polo importe que se especifica:

1. IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes, código 27006541 (Lugo), 29.185,20 A.

2. IES Xograr Alfonso Gómez de Sarria, código 27012048 (Lugo), 52.331,40 A.

3. IES Gregorio Fernández, código 27012036 (Lugo), 42.860,40 A.

4. IES Dionisio Gamallo Fierros, código 27010933 (Lugo), 33.976,80 A.

5. IES Cosme López Rodríguez, código 32016637 (Ourense), 19.691,10 A

6. IES Lagoa de Antela, código 32015232 (Ourense), 32.122,20 A.

7. IES de Allariz, código 32016339 (Ourense), 13.320,45 A.

8. IES Martaguisela, código 32001683 (Ourense), 27.562,92 A.

9. IES Aquis Querquernis, código 32016340 (Ourense), 18.532, 80 A

10. IES Xesús Ferro Couselo, código 32016273 (Ourense), 13.320,45 A.

11. IES Marco do Camballón código 36020386 (Pontevedra), 55.609,40 A.

b) Prazo de execución: curso escolar 2002/2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

5.1 Información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Oficina de Información). Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela e delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Teléfono: 981 54 44 61.

c) Telefax: 981 54 54 43.

d) Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1400.

5.2. Documentación.

a) Teléfono: 981 58 54 55.

b) Enderezo: praza de Mazarelos, 14 Santiago de Compostela (A Coruña).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: exenta.

b) Outros requisitos: especificados no prego de cláusulas administrativas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural seguinte ó de publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que se presentará: a indicada na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: no rexistro das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sito nos edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela, ou por correo, conforme o establecido no artigo 79, Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, e 80, R.D.L. 1098/2001, do 12 de outubro, do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): ata a resolución de adxudicación do concurso.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admitirá a presentación de variantes.

8. Apertura das ofertas.

Entidade: delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo, Ourense e Pontevedra.

Datas.

Lugo: 10º día natural ás 10 horas contado desde a finalización do prazo de presentación das proposicións.

Ourense: 11º día natural ás 10 horas contado desde a finalización do prazo de presentación de proposicións.

Pontevedra: 12º día natural ás 10 horas contado desde a finalización do prazo de presentación de proposicións.

Cando coincida en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

9. Gastos de anuncios: a pro rata por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2002.

Máximo García Serrano

Secretario xeral de Consellería de Educación e Ordenación Universitaria