Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 21 de xuño de 2002 Páx. 9.701

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2002, do tribunal IV-B designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 5 (oficial 2ª cociña//cociñeiro/a oficial 2ª) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se anulan tres preguntas do primeiro exercicio (test) correspondente á categoría IV-05 (oficial 2ª cociña).

Na sesión celebrada o día 30 de maio de 2002 o tribunal IV-B adoptou o seguinte acordo:

Anula-las preguntas número 40 do cuestionario da quenda de promoción interna e números 22 e 23 do cuestionario da quenda de acceso libre correspondentes á categoría 05 (oficial 2ª cociña) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, por non ser correcta a súa formulación.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2002.

Xavier Mª Lope de Toledo Manzano

Presidente do Tribunal IV-B