Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 20 de xuño de 2002 Páx. 9.530

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO de modificación do PXMO.

O Concello Pleno, na sesión celebrada o día 25 de abril de 2002, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual do PXMO artigo 79.4º da urbanización O Valiño, en San Pedro de Nós (Oleiros), do teor literal seguinte:

«A tipoloxía de edificación será a de vivenda unifamiliar exenta sobre o parcelario orixinal da urbanización O Valiño. Para efectos de novas parcelacións esixirase unha parcela neta mínima de 440 m».

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderían interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo, no prazo dun mes, que se computará desde o día seguinte á notificación desta, perante o mesmo órgano que a dictou (ó abeiro do disposto polos artigos 116 e 117 da Lei 4/1994, de modificación da Lei 30/1992, do RXAPPAC).

Tamén poderá contra esta resolución interpoñer, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante a orde xurisdiccional contencioso-administrativo.

Sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión para os supostos e prazos previstos polo artigo 118 da citada lei.

Oleiros, 7 de maio de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta