Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 20 de xuño de 2002 Páx. 9.458

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2002 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de xuño de 2002, polo que se modifican as relacións de postos de traballo da Administración da Xunta de Galicia.

A mobilidade do persoal funcionario entre as administracións das distintas comunidades autónomas e

a Administración do Estado vén garantida e regulada, co carácter de base do réxime estatutario dos funcionarios públicos ó amparo do artigo 149.1.18 da Constitución española, no artigo 17 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, modificada polo artigo 39.2º da Lei 55/1999, do 29 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social (BOE nº 312, do 30 de decembro).

Pola súa parte, o artigo 42 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia establece de acordo coa lexislación básica do Estado o dereito á mobilidade dos funcionarios procedentes doutras administracións públicas de conformidade coas condicións e requisitos que se determinen previamente pola Xunta de Galicia nas relacións de postos de traballo.

Co fin de facer efectivo este dereito procede, en consecuencia, modifica-las relacións de postos de traballo da Administración da Xunta de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trece de xuño de dous mil dous, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-las vixentes relacións de postos de traballo da Administración da Xunta de Galicia, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor o mesmo día.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do trece de xuño de dous mil dous, relativo á modificación das relacións de postos de traballo da Administración da Xunta de Galicia, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2002.

Jaime Pita Varela

Consellerio da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

CÓDIGOS DA ADSCRICIÓN A ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS:

AXG: adscrición exclusiva a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia.

A11: adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administración de comunidades autónomas.

A12: adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administración de comunidades autónomas e Administración local.

A13: adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administración de comunidades autónomas e Administración de xustiza.

A14: adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administración de comunidades autónomas, e Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

A15: adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administración de comunidades autónomas, persoal estatutario do Sergas e persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia.

A16: adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administración de comunidades autónomas e persoal estatutario do Sergas.

A17: adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administración de comunidades autónomas e persoal docente con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

A20: outras adscricións que se definirán nas relacións de postos de traballo.

NOVOS CÓDIGOS DE FORMACIÓN ESPECÍFICA:

640.-Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

641.-Para persoal doutra Administración, curso de iniciación de galego (R.I.).

OBSERVACIÓN:

Os restantes postos de persoal funcionario, que se provexan polo sistema de concurso, e que non figuren nas relacións adxuntas serán de adscrición exclusiva a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, polo que na columna «Adscr. Adm. P.» figurará «AXG».

Observacións:

1. Sen dotar orzamentariamente.

2. Ocupado por laboral fixo.

3. Posto situado en Ferrol.

4. Posto situado en Vigo.

5. Ocupado por funcionairo non pertencente a escala.

6. Ocupado por docente.

7. Decreto 199/1994.

8. Xornada partida.

9. Xornada especial.

10. Se é persoal laboral dos grupos I. II.

11. Complemento de convenio: 9.564 A.

12. Complemento de convenio: 5.736 A.

13. Complemento de convenio: 3.444 A.

14. Complemento de convenio: 7.656 A.