Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.452

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE TRABALLO E ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2002, da Tesourería Xeral da Seguridade Social, pola que se anuncia a convocatoria da primeira poxa pública para o alleamento dun predio rústico sito no lugar de Insuela, parroquia de Palmeira, concello de Ribeira (A Coruña).

O Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais coa data do 17-4-2002, autoriza a Tesourería Xeral da Seguridade Social, unha vez que esta acordou a súa venda e declarou o seu alleamento coas datas 8-4-2002 e 16-3-2001, respectivamente, para allea-lo inmoble que se detalla a continuación:

-Predio rústico Agro de Bora a labradío, sito no lugar de Insuela, parroquia de Palmeira, concello de Santa Uxía de Ribeira (A Coruña), de 4 áreas, inscrito no Rexistro da Propiedade de Noia, ó tomo 493, libro 98, folio 10, predio nº 10.050, inscrición 2ª.

O tipo mínimo de licitación será de 5.992,09 euros.

Farase esta primeira poxa de acordo co prego de condicións que terán á súa disposición os posibles licitadores na Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social, r/ Emilia Pardo Bazán, 15-7º esq. da Coruña. Teléfono: 981 18 76 73.

O acto público desta primeira poxa terá lugar perante a mesa constituída para o efecto, ás 12 horas do día 10 de xullo de 2002 na sala de poxas da Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social, r/ Federico Tapia, 54-3º da Coruña.

A Coruña, 23 de maio de 2002.

José Manuel Pombo Cortés

Director provincial da Tesourería Xeral

da Seguridade Social na Coruña