Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2002 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación do deseño, instalación, montaxe, desmontaxe e atención dun stand institucional da deputación en feiras 2002-2003. (Expediente 02/5033 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: deseño, instalación, montaxe, desmontaxe e atención dun stand institucional da Deputación Provincial da Coruña en feiras que se celebrarán durante 2002 e 2003.

Lugar de execución:

EventoLugar de celebraciónDatas previstas

F.I.M.O.Ferrol (A Coruña)9 ó 14 de xullo de 2002

ExpogalaeciaVigo (Pontevedra)31 de outubro a 3 de novembro de 2002

TurisportSilleda (Pontevedra)Edición 2003

ExpoturisOporto (Portugal)Edición 2003

Prazo de execución: o stand estará totalmente instalado cando determine a organización feiral do primeiro evento no que se participa, certame que se inaugura o 9 de xullo de 2002.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 90.150 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n, 5º, 15003-A Coruña, Teléfono 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 8 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 13 de xuño de 2002.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña