Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do texto refundido do PERI I-01 Pazos (expediente 5684/411).

O Pleno do Concello de Vigo en sesión do 29 de abril de 2002 acordou aprobar definitivamente o texto refundido do Plan Especial de Reforma Interior I-01 Pazos, redactado polo equipo de arquitectos Castro & Alonso, C.B. e visado polo COAG nos días 27-11-2001 e 4-3-2002.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio, notifícase o acordo no que se contén relación de tódolos/as propietarios/as afectados/as descoñecidos/as, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse o seguinte recurso:

A. Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó de publicación deste anuncio, de acordo co artigo 8 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 14 de maio de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo