Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.450

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do concello, en sesión ordinaria que ten lugar o día vintetrés de abril de dous mil dous, aprobou definitivamente o proxecto de pavimentación e dotación de servicios na rúa que une a rúa Calvo Sotelo e a estrada de Pintín, promovido por Promociones Urbáns del Noroeste, S.L. e redactado polo enxeñeiro técnico de obras públicas, Manuel Vázquez González.

Contra o citado acordo, os interesados poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da derradeira publicación oficial.

Así mesmo, advírtese que tamén se poderá utilizar calquera outro recurso que se estime pertinente, así como exerce-las accións que procedan ante a xurisdicción competente.

Sarria, 6 de xuño de 2002.

Claudio M. Garrido Martínez

Alcalde