Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.449

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Por decreto da Alcaldía 3041/2002, do 28 de maio, aprobouse o expediente de expropiación forzosa, por taxación conxunta, para o acondicionamento da Urbanización O Valiño-Nos, concello de Oleiros (A Coruña).

De conformidade co artigo 219.2º do Real decreto legistativo 1/1992, do 26 de xuño, o dito expediente estará exposto ó público na secretaría xeral do Concello de Oleiros, de 9 a 13 horas e polo prazo dun mes, a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de presentación das observacións e reclamacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 3 de xuño de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa