Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que, en cumprimento do auto dictado polo Xulgado Central do Contencioso-Administrativo número sete, se abre un novo prazo de presentación de solicitudes para o concurso de traslados dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza, convocado por resolución desta dirección xeral do 19 de decembro de 2001.

Mediante sentencia 80/2002, do 19 de abril de 2002, do Xulgado Central do Contencioso-Administrativo número sete, no recurso interposto pola Fede

ración de Servicios Públicos de UGT e outros, contra a Resolución do 19 de decembro de 2001, anulouse a base 2.1 da citada resolución.

Solicitada polos particulares a execución provisional, mediante auto do 31 de maio de 2002, acórdase a execución provisional da dita sentencia, no sentido de que poden participar no concurso convocado por Resolución do 19 de decembro de 2001 os funcionarios dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza que na data de finalización do prazo de presentación das instancias levasen un ano no actual posto de traballo que ocupen, computado desde a data da resolución, mediante a que foron destinados a el.

En execución do citado auto acórdase:

1. Abrir novo prazo de dez días naturais a partir do día seguinte ó da data de publicación desta resolución no BOE e no Diario Oficial de Galicia, unicamente para os oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza que o 8 de xaneiro de 2002, levasen un ano no seu actual destino, computado desde a data da resolución mediante a que foron nomeados para el.

2. Os modelos de solicitude, os prazos e lugares de presentación serán os mesmos que os especificados na citada Resolución do 19 de decembro de 2001.

3. Aqueles que xa presentaron solicitudes para participar no indicado concurso de traslado, por entender que levaban un ano no seu actual posto de traballo, computado de conformidade co indicado no punto primeiro desta resolución, non deberán formular ningunha nova solicitude, pois será válida a presentada no seu día.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados competentes no prazo de dous meses, desde o día seguinte ó da súa publicación no BOE, segundo o disposto no artigo 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2002.

Juan José Martín Álvarez

Director xeral de Xustiza