Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CÉDULA do 20 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución de baixa no Rexistro de Explotacións de Porcino, devolta polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó propietario da explotación de porcino, cos datos persoais e último domicilio coñecido que se sinala a continuación, a notificación da resolución de baixa no Rexistro de Explotacións de Porcino industrial, acordada polo delegado provincial da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural de Lugo, en aplicación do disposto no artigo 7 do R.D. 324/2000, que regula o Rexistro Estatal de Explotacións Porcinas e o Rexistro de Explotaciones Porcinas das comunidades autónomas. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula.

Lugo, 20 de maio de 2002.

José R. Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Titular: Manuel López Gómez.

Última dirección coñecida: San Mamede-Sarria.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS