Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/1-2, 4476 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Concello de Vilalba.

Domicilio social: praza da Constitución, 1, Vilalba (Lugo).

Denominación: L.M.T., C.T. depuradora de augas residuais.

Situación: Vilalba.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV con conductor de aluminio LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 50 metros sobre apoios de formigón. Centro de transformación tipo intemperie de 100 kVA 20.000/380-220 V ±5%, para depuradora de augas residuais en Vilalba.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. Tamén pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 14 de maio de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo