Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/50-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: L.M.T., C.T., estrada de Ourense, 4.

Situación: Celanova.

Características técnicas: liña subterránea a 20 kV de 135 m, con orixe no C.T., Francisco Rey e remata no C.T. proxectado con 400 kVA, r/t, 20.000/380-220 V, na planta baixo do edificio nº 4 da estrada de Ourense.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 9 de maio de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense