Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/48-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: L.M.T.S., C.T., estrada Ribadavia.

Situación: O Carballiño.

Características técnicas: liña a 20 kV subterránea, de 211 m, en conductor R.H.Z. 12/20 kV, con orixe na L.M.T. aérea a Cabanelas e remata na L.M.T. ó C.T. grupo escolar despois de alimenta-lo C.T. proxec

tado na planta baixa de edificio na estrada de Ribadavia, nº 53, con 400 kVA, r/t 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 7 de maio de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense