Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/28).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.S. San Francisco (Parador).

Situación: Ferrol.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 350 m de lonxitude con orixe na liña Penas de Guitín e final no centro de seccionamento que se vai instalar. Centro de seccionamento en caseta prefabricada de formigón, con tres celas de liña, tipo compactas con corte SF6 nas inmediacións do parador de turismo. Concello de Ferrol.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 7 de maio de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña