Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/53-2, 5837 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Adellao.

Situación: Lourenzá.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con lonxitude de 0,56 km conductor tipo LA-56 con orixe en antiga localización C.T.I. de Requeixo e final en C.T. de Adellao. L.M.T. aérea a 20 kV con lonxitude de 0,031 km con orixe en antiga localización C.T.I. de Requeixo e final en C.T. de Requeixo e conductor tipo LA-56. C.T.I. de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. L.B.T. aérea de 1,63 km de lonxitude conductor tipo R.Z. con orixe en C.T. de Adellao. L.B.T. aérea de 0,51 km de lonxitude conductor tipo R.Z. con orixe en C.T. de Castiñeiras.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 18 de abril de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo