Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.
Domicilio social: Coruña, 20, 36700 Tui.
Denominación: C.T. en Gadis centro comercial-estrada Tui-Anta.
Situación: concello de Tui.
Descricións técnicas: C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15/20 kV-400 V en Gadis no edificio do novo centro comercial, estrada Tui-Anta, no doncello de Tui.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV, do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 27 de decembro de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra