Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.426

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 10 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/42-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: ampliación da subestación de Atios.

Situación: concello do Porriño.

Descricións técnicas: parque de intemperie a 220 kV, composto por dúas posicións de liña saídas a Pazos e P.E. Montouto-Frieira, dúas posicións de trafo, dous transformadores de 100 MVA C/U, R.T. 220/132 kV, dúas posicións de trafo a 132 kV e unha posición para batería de condensadores de 20 MVA R. Sistemas de control, protección, sinalización, etc.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 10 de maio de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra