Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 25 de abril de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da empliación da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 97/765 R.C.I. 18665).

Mediante Resolución do 15-2-1999 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas autoriza a instalación.

Mediante Resolución do 13-2-2002 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas aproba o proxecto de execución e a inclusión da instalación no réxime especial de producción de enerxía eléctrica creado polo R.D. 2366/1944, do 30 de outubro.

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Universidade de Santiago de Compostela.

Domicilio social: Rúa Nova, 6, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación: planta de coxeración no Campus Norte.

Situación: Santiago de Compostela (A Coruña).

Características técnicas: ampliación consistente nun motor de 314 kW de potencia mecánica e 1.500 r.p.m. alimentado mediante gas natural. Un alternador de 301 kW de potencia eléctrica, 380

V de tensión nominal de 0,8 de factor de potencia. Un transformador de potencia de 400 kVA e relación de transformación 0,380/20 kV. Aparellos de protección, mando, sinalización e medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 25 de abril de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña