Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2002 pola que se anuncian, polo sistema de concurso de procedemento aberto, as obras de ampliación do centro de ensino infantil e primaria (CEIP) de Sobrada-Tomiño (Pontevedra) (36015238).

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Secretaría Xeral. Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: ampliación do CEIP.

b) Lugar de execución: Sobrada-Tomiño (Pontevedra).

c) Prazo de execución: 5 meses.

d) Nº de expediente: SXCE 03/02/O.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 255.474,51 euros.

5. Garantías.

Provisional: ver prego.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Oficina de Información).

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n, e delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

6.2. Documentación.

a) Teléfono: 981 58 54 55.

b) Enderezo: praza de Mazarelos, 14 baixo. Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1374.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo: C; subgrupo: todos; categoría: D.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución neste diario. Se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2ª Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15704.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): ver prego.

e) Admisión de variantes (concurso): ver prego.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de plicas).

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o cuarto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: 12.30 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2002.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria