Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 18 de xuño de 2002 Páx. 9.347

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación inicial do estudio de detalle D-SU-UA-2 A Carrasqueira (Coruxo) (expediente 6961/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 30 de maio de 2002, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Estima-lo recurso de reposición interposto pola entidade mercantil Apartamentos Paseo Marítimo, S.L. contra o acordo do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do 1 de marzo de 2002, desestimatorio da aprobación inicial do estudio de detalle do polígono D-SU-UA-2. A Carrasqueira (A Coruxo).

Segundo.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle D-SU-UA-2 A Carrasqueira, promovido por Apartamentos Paseo Marítimo, S.L., redactado pola arquitecta Míriam Arcas Ardura e visado polo COAG o 23-1-2002.

Terceiro.-Abrir un trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, con notificación individualizada do contido íntegro deste acordo ós propietarios do ámbito, a Carmen Sanjuan Oliveira e demais interesados, na forma prevista nos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (LRXA-PC).

Sométese este expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación no DOG, nun dos xornais de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo o establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia. O prazo de exposición pública entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o último anuncio.

A documentación deste expediente atópase ó dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da xerencia.

Este anuncio servirá de notificación nos termos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Ley 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos e todas aqueles/as interesados/as directamente afectados/as que, por resultaren descoñecidos/as ou por ignora-lo seu domicilio, non poidan ser notificados/as persoalmente.

Vigo, 4 de xuño de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo