Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 18 de xuño de 2002 Páx. 9.347

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de urbanización da rúa Redomeira (expediente 4336/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 7 de marzo de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da rúa Redomeira, presentado polas sociedades Oralfi, S.L. e Iturero Martín, S.L., redactado polo enxeñeiro de camiños Alberto Moreno García, con visado colexial do 19 de decembro de 2001.

Segundo.-Aprobar inicialmente a relación individualizada de bens e dereitos afectados pola execución da devandita vía, contida no proxecto, e declarar expresamente a necesidade de ocupación -implícita na aprobación do plan- dos referidos bens a afectos do procedemento de expropiación que, se é o caso, se incoe para a execución da vía.

Terceiro.-Somete-lo acordo de aprobación inicial ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante anuncios no DOG en un dos xornais de maior circulación da provincia, e notificación individual ós propietarios dos terreos afectados así como ás empresas Unión Fenosa e Seragua.

Procédese ó trámite de información pública do expediente. O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o día seguinte ó da última publicación. O expediente está á disposición do público no departamento de Información Urbanística da Xerencia de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia).

Este anuncio servirá de notificacións nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados.

Vigo, 18 de marzo de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo