Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 18 de xuño de 2002 Páx. 9.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2002, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a adxudicación dun contrato administrativo de obras.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións

públicas, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, e 119 do Regulamento xeral de contratación do Estado, esta secretaría acordou darlle publicidade á adxudicación do contrato administrativo que se relaciona.

1. Contrato de obra.

Resolución de licitación: 13 de decembro de 2001 (DOG nº 242, do 17 de decembro).

Obxecto do contrato: reforma de pista de tenis no concello de Vilalba (Lugo).

Adxudicatario: Construcciones Jesús Naray, S.L.

Importe da adxudicación: 57.141,71 euros.

Prazo de execución: un (1) mes.

Data da resolución: 30 de abril de 2002.

Procedemento e forma de adxudicación: procedemento aberto e concurso.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2002.

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte