Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 18 de xuño de 2002 Páx. 9.331

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2002 pola que se fai pública a designación da comisión que debe resolve-lo concurso á praza de profesorado desta universidade, convocada por resolución da Universidade de Vigo do 7 de xuño de 2001 (praza 38/2001).

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, unha vez designado o presidente e o vocal secretario por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que deberá resolve-lo concurso para a provisión dunha praza de profesorado desta universidade que

se relacionan no anexo, convocada por resolución da Universidade de Vigo do 7 de xuño de 2001 (BOE do 23 de xuño).

Esta comisión deberase constituír nun prazo non superior a catro meses, contado desde a publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da Universidade de Vigo, nun prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Vigo, 22 de maio de 2002.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

Nº de praza: 38/2001.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: economía aplicada.

Comisión titular:

Presidente: Manuel María Varela Lafuente, catedrático de universidade. Universidade de Vigo.

Vocal secretario: Alberto Gago Rodríguez, profesor titular de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais:

Miguel González Moreno, catedrático de universidade. Universidade de Granada.

María Casilada Lasso de la Vega Martínez, profesora titular de universidade. Universidade do País Vasco.

Luis Robles Teigeiro, profesor titular de universidade. Universidade de Málaga.

Comisión suplente:

Presidente: José Carlos Arias Moreira, catedrático de universidade. Universidade de Vigo.

Vocal secretario: Juan Carlos Surís Regueiro, profesor titular de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais:

Joaquín Muns Albuixech, catedrático de universidade. Universidade de Barcelona.

M. Cristina Blasco Vizcaíno, profesora titular de universidade. Universidade de Málaga.

Luis Antonio Sáez Pérez, profesor titular de universidade. Universidade de Zaragoza.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA