Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 17 de xuño de 2002 Páx. 9.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno na súa sesión do 25 de abril de 2002, acordou:

1. Aprobar con carácter inicial o proxecto de reparcelación das parcelas B.1, B.2 e B.3 resultantes do proxecto de reparcelación da UA 2829 aprobado definitivamente polo Pleno Municipal o día 3 de novembro de 1995, presentado por E.C.B. la Sagrada Familia e redactado polo arquitecto Javier Nogueiras Mascarenhas, que ten por obxecto reaxusta-la edificabilidade que no proxecto aprobado se asignaba ás devanditas parcelas para permiti-la súa materialización de acordo coa ordenación dos volumes establecida no estudio de detalle do ámbito que foi aprobado polo Pleno Municipal o día 20 de agosto de 1982.

2. Somete-lo documento inicialmente aprobado a información pública polo prazo de 20 días de conformidade co disposto no artigo 102 da Lei do solo de Galicia.

Durante o citado prazo poderá examinarse o documento nas oficinas municipais da área de Urbanismo e presentarse as alegacións que se consideren pertinentes.

Culleredo, 29 de abril de 2002.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro delegado de Urbanismo