Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 17 de xuño de 2002 Páx. 9.242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2002 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación dos expedientes 10 e 11/2002.

Subministración.

Expediente número: 010/2002.

Obxecto: adquisición de mobiliario de oficina para a ampliación da Escola Técnica Superior de Enxeñería.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 651.000 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: 13.020 euros.

Prazo de entrega: será ofertado polos licitadores.

Expediente número: 011/2002.

Obxecto: adquisición de mobiliario de laboratorio para a ampliación da Escola Técnica Superior de Enxeñería.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 653.000 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: 13.060 euros.

Prazo de entrega: será ofertado polos licitadores.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Nº dos expedientes: os arriba indicados.

2. Obxecto dos contratos.

a) Descrición dos obxectos: os arriba indicados para cada expediente.

b) Número de unidades que se entregarán: as especificadas nos pregos de cláusulas.

c) Lugar de entrega: Santiago de Compostela.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamentos de licitación.

Importes totais: os indicados anteriormente.

5. Garantías.

As citadas para cada expediente.

6. Obtención de documentación.

A documentación para participar no concurso poderá ser consultada ou retirada na copistería Unidixital Rosalía de Castro nº 45, 15706 Santiago de Compostela (teléfono e fax 981 55 30 332) correo electrónico info*unidixital.com, páxina web unidixital.com ou na copistería Unicopia avenida de Madrid 11-15, 27002 Lugo (teléfono 982 28 03 85).

Obtención de información.

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Xestión Económica.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Localidade e código postal: 15782 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 57 25 00, extensión 11260.

e) Fax: 981 54 70 09.

f) Data límite de obtención de documentación e información: 29 de xullo de 2002.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

Clasificación: a indicada en cada expediente.

8. Presentación de ofertas.

a) A data límite é o 29 de xullo de 2002.

b) Documentación necesaria: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rectorado, rexistro xeral.

Domicilio: praza do Obradoiro, s/n.

Localidade e código postal: 15782 Santiago de Compostela.

Ou en:

Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, rexistro xeral, servicios centrais do Campus de Lugo (edificio Biblioteca Intercentros).

Domicilio: polígono de Fingoi s/n.

Localidade e código postal: 27002 Lugo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: admítense ata tres variantes.

9. Apertura das ofertas: a apertura é pública e realizarase en:

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

Domicilio: rúa Nova, 6.

Localidade: Santiago de Compostela.

b) Data: 1 de agosto de 2002.

Hora: 13 horas.

Lugar: sala de xuntas da Casa da Balconada.

10. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán a cargo do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ó DOCE: 7 de xuño de 2002.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2002.

P.D. (Resolución 1-2-2000)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos