Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 17 de xuño de 2002 Páx. 9.241

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 14 de maio de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica, en cumprimento do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a Resolución do 6 de maio de 2002, pola que acepta a renuncia de Manuela Castro Martínez como adxudicataria da vivenda conta 85 do expediente C82/010 de Ferrol e, en consecuencia, acorda a resolución de pleno dereito do seu contrato de aluguer.

Con data 6 de maio de 2002, o delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo dictou a seguinte resolucion:

«Visto o expediente correspondente á vivenda 85 construída ó amparo do expediente C82/010,

Resultando que con data 8 de xullo de 1986 asinouse contrato de aluguer entre a Xunta de Galicia e Manuela Castro Martínez, facéndoselle entrega das chaves, na mesma data, ó adxudicatario.

Resultando que, con data 24 de abril de 2002, comparece ante funcionario Germán Carballo Díaz, xenro da titular, con DNI 32589697-P, para facer entrega das chaves da vivenda, e renunciar, en nome da titular, Manuela Castro Martínez, a tódolos dereitos que ten como adxudicataria.

Considerando que o Instituto Galego da Vivenda e Solo é, segundo a Lei 3/1988, do 27 de abril, da súa creación un organismo autónomo de carácter comercial e financeiro, adscrito á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con plena capacidade de obrar no ámbito do dereito público e privado, establecendo o artigo 4 como funcion propia, entre outras, a administración, xestión, conservación e disposición das vivendas do seu patrimonio.

Considerando que o Decreto 70/1997, polo que se establece a estructura orgánica do IGVS, no seu artigo 17, atribúe ós delegados provinciais a competencia para a sinatura dos contratos e outra documentación relativa á adxudicación de vivendas e locais.

Considerando que a renuncia presentada polos adxudicatarios supón a petición de resolución do contrato de alugamento suscrito coa Administración.

Vistos os preceptos legais citados, a lexislación de vivendas de protección oficial e demais normas de xeral aplicación,

RESOLVO:

Acepta-la renuncia da adxudicataria e, en consecuencia, acorda-la resolución de pleno dereito do contrato de alugamento da vivenda conta 85 do expediente C82/010, situada en Ferrol, rúa O Prado, P-J, 6º esq. no polígono de Esteiro en Telleiras (bloque 22), sen prexuízo da liquidación económica que proceda».

Contra esta resolución, que no esgota a vía adminsitrativa, poderá interpoñer perante o conselleiro da CPTOPV recurso de alzada no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 14 de maio de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña