Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 17 de xuño de 2002 Páx. 9.162

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de oficinas e despachos.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo do sector de oficinas e despachos que tivo entrada nesta delegación provincial o día 7-5-2002, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Profesional de Graduados Sociales, Asesores Fiscales y Empresarios de la Provincia de A Coruña (AGS), e, da parte social, pola CIG, CC.OO. e UGT o día 1-3-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/19982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de maio de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta de sinatura de revisión de táboas salariais para o ano 2001 e 2002 do convenio de oficinas e despachos da provincia da Coruña

Asistentes:

CIG:

Xosé Antón Porto Rodríguez.

CC.OO.:

Juana Estébanez Cepedal.

UGT:

Juan Trigo Espiñeira.

Representación empresarial:

Jesús Vázquez Vázquez.

José Ramón Briones Varela.

Isidro Pousada Vales.

Na Coruña, ás doce horas do día 1 de marzo de 2002, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo do sector de oficinas e despachos da provincia da Coruña, para os efectos de proceder á sinatura da revisión das táboas de niveis salariais para os anos 2001 e 2002.

Ámbalas dúas partes acordan asina-la revisión da táboa de niveis salariais correspondentes a 2001, actualizada co IPC real a 31-12-2001 máis o 0,50 por cento, segundo establece o artigo 13 do convenio colectivo en vigor. Así mesmo, acordan asina-la revisión da táboa salarial do ano 2002 de conformidade co artigo 11 do convenio colectivo en vigor.

Son de conformidade das partes as táboas salariais anexas, procédese á sinatura por parte de tódolos asistentes.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 13 horas do día arriba indicado.

Táboa de niveis salariais actualizada

para o ano 2001

NiveisPesetas/mesPesetas/anoEuros/mesEuros/ano

1168.8022.363.2281.014,5214.203,28

2152.3592.133.026915,7012.819,80

3150.1802.102.520902,6012.636,40

4145.4862.036.804874,3912.241,46

5136.2531.907.542818,9011.464,60

6133.3911.867.474801,7011.223,80

7127.0451.778.630763,5610.689,84

8122.3271.712.578735,2010.292,80

9117.3111.642.354705,059.870,70

10115.4521.616.328693,889.714,32

11122.7591.578.626677,709.487,80

12110.7451.550.430665,599.318,26

1377.7081.087.912467,036.538,42

Táboa de niveis salariais

para o ano 2002

NiveisPesetas/mesPesetas/anoEuros/mesEuros/ano

1173.8662.434.1241.044,9614.629,44

2156.9302.197.020943,1713.204,38

3154.6852.165.590929,6813.015,52

4149.8512.097.914900,6212.608,68

5140.3411.964.774843,4711.808,58

6137.3931.923.502825,7511.560,50

7130.8561.831.984786,4611.010,44

8125.9971.763.958757,2610.601,64

9120.8301.691.620726,2010.166,80

10118.9161.664.824714,7010.005,80

11116.1421.625.988698,039.772,42

12114.0671.596.938685,569.597,84

1380.0391.120.546481,046.734,56

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE