Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 17 de xuño de 2002 Páx. 9.140

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de maio de 2002 pola que se fai pública a validación do curso de especialidade en lingua galega.

A Orde do 26 de novembro de 1993 (DOG do 23 de decembro), no seu artigo 2º establece que se lles validará o curso de especialidade en lingua galega ós licenciados en filoloxía e ós diplomados en EXB polas escolas universitarias de formación do profesorado de EXB, que estean en posesión dos certificados do ciclo elemental e do ciclo superior de galego das escolas oficiais de idiomas.

Por iso,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Concede-la validación do curso de especialidade en lingua galega ás persoas que se relacionan a

seguir, por reuniren os requisitos establecidos no artigo 2 da Orde do 26 de novembro de 1993:

Mª Nieves Honrado Juan (10192498).

Mª Montserrat Vaqueiro Romero (35563547).

Mónica Magdalena Alfonso (76864920).

Ana Rodríguez Fontenla (76823185).

Artigo 2º

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria expedirálle-los correspondentes diplomas.

Disposición derradeira

Facúltase a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria