Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 14 de xuño de 2002 Páx. 9.132

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PARA O FOMENTO DA CALIDADE INDUSTRIAL E DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2002 pola que se convoca o proceso de selección para ingreso no cadro de persoal laboral fixo da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

En cumprimento da Lei 10/1996, do 5 de novembro (Diario Oficial de Galicia nº 227, do 20 de novembro) de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, resólvese convoca-lo proceso selectivo para o persoal laboral fixo da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

Convócase unha (1) praza de técnico superior para o Centro de Innovación e Servicios do Deseño e a Tecnoloxía de Galicia, sito en Ferrol.

Requisitos da praza:

-Titulación superior en enxeñería industrial, naval ou minas ou licenciatura en físicas.

Requisitos xerais:

-Ter nacionalidade dun país membro da Unión Europea.

-Ter cumpridos os 18 anos de idade.

-Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida desempeña-las funcións correspondentes.

-Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

-Posuír e acredita-la titulación académica esixida (homologada polo Ministerio de Educación, no caso de títulos expedidos por un país que non sexa membro da Unión Europea).

Documentación que hai que presentar:

-Solicitude, segundo modelo presentado como anexo I das bases da convocatoria.

-Fotocopia do DNI.

-Fotografía tamaño carné.

-Currículum vitae con documentación orixinal ou fotocopia(*) que acredite a titulación, formación e experiencia esixidas, así como a formación e/ou experiencia que desexe achegar para ser valorada. A omisión da documentación acreditativa de calquera mérito eliminará este da súa correspondente valoración.

(*) Aqueles que presenten fotocopias sen cotexar e accedan á fase de entrevista persoal deberán achega-los orixinais co gallo de cotexa-las copias presentadas.

Recollida de bases, lugar e prazo de presentación de solicitudes:

-As bases da convocatoria e demais requisitos específicos da praza pódense recoller nas oficinas de servicios centrais da fundación, sitas na praza de Europa, nº 10-A, 6º B (Área Central) 15707 Santiago de Compostela; teléfonos: 981 56 22 77/81, ou no CIS Deseño e Tecnoloxía sito na Cabana s/n, 15590 Ferrol; teléfono: 981 10 21 00.

-As solicitudes dirixiranse ó presidente do consello de dirección da fundación e presentaranse ou remitiranse por correo certificado ás oficinas de servicios centrais da fundación, sitas na praza de Europa, nº 10-A, 6º B (Área Central) 15707 Santiago de Compostela.

-O prazo de presentación será de 30 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2002.

José Manuel González González

Presidente do Consello de Dirección

da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial

e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia