Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 14 de xuño de 2002 Páx. 9.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2002 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración e instalación dunha ponte de lavado no parque móbil provincial. (Expediente 02/2815 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración e instalación dunha ponte de lavado no parque móbil provincial.

Lugar de entrega e instalación: parque móbil provincial.

Prazo de entrega: un mes.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 71.382,52 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n, 5º 15003 A Coruña. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións: data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 4 de xuño de 2002.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

FUNDACIÓN PARA O FOMENTO DA CALIDADE INDUSTRIAL

E DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO

DE GALICIA