Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 14 de xuño de 2002 Páx. 9.127

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO da Resolución do 13 de maio de 2002, do Vicerrectorado de Investigación, pola que se convocan dúas bolsas de iniciación á investigación para colaborar en proxectos de investigación do Instituto de Ciencias da Educación desta universidade.

En cumprimento do artigo 3, capítulo II, da normativa de nomeamento de bolseiros propios a cargo de proxectos, convenios e contratos de investigación asinados pola Universidade de Santiago de Compostela aprobado en Xunta de Goberno do 15 de marzo de 1999, anúnciase a convocatoria de dúas bolsas de iniciación á investigación para colaborar en proxectos de investigación do Instituto de Ciencias da Educación desta universidade.

Os solicitantes han de ter acadado o título de licenciado en ciencias da educación e seren alumnos de terceiro ciclo.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles que se contarán a partir do día seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio desta resolución.

O texto íntegro da resolución atópase publicado no taboleiro de anuncios do rectorado, no taboleiro de anuncios da Oficina de Investigación e Tecnoloxía de Santiago de Compostela e Lugo.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2002.

P.D. (Resolución 1-2-2000, DOG do 1 de marzo)

José Ramón Leis Fidalgo

Vicerrector de Investigación