Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 14 de xuño de 2002 Páx. 9.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO LÁCTEO E GANDEIRO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2002 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dos controis sobre o terreo das axudas por superficies, declaración de superficies forraxeiras e indemnizacións compensatorias, cam-

paña 2002-2003.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (Ilgga).

b) Dependencia tramitadora: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Número de expediente: concurso 2/2002.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: execución da asistencia técnica consistente na realización dos controis sobre o terreo das axudas por superficies, declaración de superficies forraxeiras e indemnizacións compensatorias, campaña 2002/2003.

b) Lotes: 1 por cada provincia.

c) Lugar de execución: nas catro provincias de Galicia.

d) Prazo de execución:

-Concellos en zonas desfavorecidas:

-Iniciais: ata o 1 de setembro.

-Adicionais: ata o 15 de setembro.

-Restantes concellos:

-30 de setembro os iniciais.

-31 de outubro os adicionais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: por concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 145.144,07 A.

Por lotes:

Lote I: 15.083,71 A.

Lote II: 70.411,07 A.

Lote III: 32.375,83 A.

Lote IV: 27.273,46 A.

5. Garantías:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 5.805,76 A.

Por lotes:

Lote I: 603,35 A.

Lote II: 2.816,44 A.

Lote III: 1.295,03 A.

Lote IV: 1.090,94 A.

6. Obtención de información e documentación:

Solicitude de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, así como o modelo de proposición económica, estarán ó dispor dos interesados na Secretaría do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (Ilgga), Rúa dos Irmandiños, s/n, CP 15704, Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 62 60.

Fax: 981 54 61 91.

Data límite de documentación e información: a do remate do prazo para presenta-las proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia financeira e técnica:

Os licitadores deberán fornece-la documentación acreditativa nos seguintes extremos:

-Cifra de negocios dos últimos tres anos.

-Traballos similares realizados nos tres últimos anos.

-Descrición do equipo técnico que dedicarán á realización do traballo.

-Titulacións académicas e profesionais do empresario e do persoal de dirección da empresa.

8. Presentación da oferta:

a) Data límite: o oitavo día natural seguinte ó da publicación no DOG deste anuncio.

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Ilgga, co domicilio indicado no punto 6.

d) Prazo de obrigado mantemento da oferta: tres meses desde a apertura da proposición económica.

e) Variantes: non se admiten.

9. Apertura das proposicións:

As proposicións económicas abriranse, en acto público, na sala de xuntas do Ilgga, no domicilio sinalado no punto 6, ás 12 horas do sexto día natural seguinte ó do remate do prazo para presenta-las proposicións, agás cando sexa sábado ou festivo, caso en que a apertura en acto público se celebrará o primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos do anuncio:

Serán por conta do adxudicatario os gastos que ocasione a publicación deste anuncio.

11. Páxina web na que figura a información sobre a convocatoria e na que poden obterse os pregos: http//www.xunta.es/contratación.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2002.

Secundino Grobas Mosquera

Director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia