Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 14 de xuño de 2002 Páx. 9.100

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2002, do tribunal I-A designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso na categoría 2 do grupo I do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 30 de xullo de 2001, pola que se anulan catro preguntas do primeiro exercicio (test) da fase de oposición e se corrixe un erro no modelo de respostas.

Na sesión do día 5 de xuño de 2002, o tribunal I-A adoptou o seguinte acordo:

Detectados erros nas preguntas nº 27, 37, 61 e 64, correspondentes ó primeiro exercicio (test) da fase de oposición, que poderían condicionar de maneira importante as contestacións delas, e para garantir que na dita proba se poñan de manifesto, en todo caso, as condicións de coñecemento e aptitude dos aspirantes, como esixe a normativa vixente, o dito tribunal acordou declarar anuladas e ter por non postas as preguntas anteriormente indicadas.

Así mesmo, procédese a corrixi-lo erro detectado no modelo de corrección do citado test, consistente en fixar como resposta correcta da pregunta nº 49 a resposta a), en lugar da resposta d) que figuraba inicialmente.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2002.

Joaquín López-Rúa Soler

Presidente do tribunal I-A